As nosas viñas aséntanse en terreos que son o exemplo do minifundismo galego ,-terras de cultivo de extensión reducida-.
A localización das viñas de Adega Buezas, é a localización orixinaria, tradicional das viñas nesta zona das Rías Baixas, están situadas no Val do Salnés, no corazón das Rías Baixas galegas, nos concellos de Sanxenxo e Meaño.
Son viñas puramente atlánticas, os ventos do sur entran pola Ría de Pontevedra, e os do norte, pola Ría de Arousa.
As viñas de Adega Buezas diferéncianse da maior parte dos viñedos do mundo, e mesmo dos viñedos en Galicia, ao non estar en espaldera senón en parras, para facilitar a ventilación dos acios de uvas protexéndoos da humidade da bruma atlántica.
Podemos dicir, por tanto, que as viñas de albariño de Adega Buezas son particulares e excelentes para o cultivo das uvas que só poden chegar a producir bo viño: o viño branco de uva alvarinha PEÓN&REI, o viño espumoso Brut Nature Gallaecia Regnum, o viño espumoso Semiseco Burbullas de Albarari e o vermú Albarari Bianco – Esencia de Sanxenxo.
AdegaBuezas é unha Embajadorade a Terra dos Mil Ríos, da GALLAECIA REGNUM.